Hoxe reunímonos por última vez co alumnado integrante do Club de lectura de Bacharelato para comentar Ollos de auga, unha novela de misterio de Domingo Villar que nos mantivo enganchados e intrigados até o final. Celebramos unha pequena merenda para despedir o club e aproveitar para desexar moita sorte ás rapazas de 2º de BAC, que rematan un curso moi duro (o esforzo terá a súa recompensa, sen dúbida). Mil grazas por compartir o voso tempo con nós e facer do club de lectura de Catabois un espazo cheo de ideas e amor pola lectura. ❤️
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario