Despois das festas do Nadal, o Club de Lectura Xuvenil reúnese para comentar A lavandeira de San Simón, de Eva Mejuto e Bea Gregores. Este libro ilustrado conta, de xeito breve, poético e fermoso, como as lavandeiras da illa de San Simón, despois da Guerra Civil, axudaron os homes que sufrían a cadea no campo de concentración da illa, facéndolles a vida un pouco máis soportable a través da comida e roupa limpa que lles levaban. Isto é a nosa historia, a historia dunha Galicia de posguerra que, malia o que poida parecer, non está tan lonxe no tempo. A lectura fíxonos reflexionar moito sobre a nosa propia historia, pero tamén sobre a historia de tantos pobos represaliados no pasado e no presente.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario