Sol de inverno, de Rosa Aneiros, foi desta vez a novela escollida para o club de narrativa xuvenil de Bacharelato.
A súa autora, Rosa Aneiros, é de Valdoviño, non lonxe de Catabois, e recibiu numerosos premios da crítica e os lectores.
A novela sitúase nun marco histórico moi complexo e duro: a Guerra Civil española e a súa difícil posguerra. A ollada de Inverno, unha rapaza que sobrevive a un mundo cada vez máis hostil, traza un percorrido por lugares moi diversos, un percorrido representativo do de tantos galegos e galegas sometidos á emigración e ás penurias propias dun mundo en guerra. Sen dúbida, un libro para ler con calma e reflexión.
No hay comentarios:
Publicar un comentario