lunes, febrero 27, 2023

23-F: DÍA DE ROSALÍA

 23 DE FEBREIRO DE 2023 

Este ano a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG)  propuxo como actividade para este día, nos centros de ensino, traballar co poema  “Cumpriuse a Xustiza” de Rosalía de Castro. O manifesto escrito por Carme Adán  convídanos a saber mirar o mundo como nos ensinou a nosa escritora e denunciar  as inxustizas. Por uns minutos deixar de estar conectados a unha pantalla e  reflexionar sobre as situacións de desigualdade, guerras, violencias... Desta  maneira, o alumnado da ESO elaborou uns murais que reflicten todo isto con  imaxes e palabras. 






No hay comentarios: