Moitos coñecerédelo por ser o director de películas tan emblemáticas coma Eduardo Manostijeras, La novia cadáver ou Charlie e a fábrica de chocolate, e por ser a mente detrás dos personaxes e escenarios de Pesadilla antes de Navidad.
Neste libro, Burton rende homenaxe ós raros, ós estrafalarios, ós inadaptados... creando personaxes estraños, pero cheos de tenrura.
Nestas sesións, non só nos dedicamos a ler os seus poemas e falar dos nosos personaxes favoritos (Chico Ostra, la Mirona, Chico Tóxico, Desperdicia...) senón tamén a crear os nosos propios personaxes burtonianos, coa súa propia historia.
Colgaremos aquí os exemplos en canto nolos fagades chegar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario