lunes, octubre 14, 2019
CLUB DE NARRATIVA 2º CICLO: JULES VERNE E A VIDA SECRETA DAS MULLERES PLANTA
A temática da ciencia chega tamén aos nosos clubes da man de Ledicia Costas e dun personaxe sacado doutro tempo: o escritor Jules Verne.
En Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta veremos como o afamado escritor chega a Vigo, pero non para vir ver as luces de Nadal, non. O seu desexo é contactar cunhas persoas moi singulares; trala súa pista leva xa moito tempo. Conseguirá dar co seu obxectivo? Quen lle axudará na súa procura?
Unha obra que homenaxea as novelas de aventuras e que desborda imaxinación en cada páxina.
Cal é a vosa opinión sobre este libro?
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
2 comentarios:
O libro gustoume, é fantasía, pero é bo, non é moi infantil pero tampouco para adultos. Podes dicir que é unha obra xuvenil. A documentación da vida de Jules Verne e a cidade de Vigo é moi boa. A min gustariame que falase moito máis das mulleres plantas en canto ás súas características e que o vilán da obra Gastón aparecera máis.
Gústame a parte onde Violeta e Pierre se puxeron a falar no tellado da casa de Violeta e o seu avó.Falaron dos seus problemas persoais de cando eran pequenos.Tamén me gustou cando Antonio Sanjurjo, Pierre e Jules Verne coñeceron o segredo das mulleres planta.
Publicar un comentario