miércoles, abril 24, 2019



XOGO DA BIBLIOTECA  -  SEMANA 11


    Hoxe imos intentar profundizar un pouco na relación entre o planeta Saturno e as mitoloxías grega e romana.
    O nome do planeta procede do deus romano Saturno, que na mitoloxía grega corresponde a Crono.
    Os romanos puxéronlle ese nome porque está mais alonxado do Sol que o que recibíu o nome do seu fillo, deus supremo da mitoloxía romana.

- COMO SE CHAMA ESTE DEUS SUPREMO FILLO DE SATURNO?

- CAL É O SEU NOME GREGO?

    Saturno devoraba aos seus fillos, mais un deles conseguiu sobrevivir, grazas a que a súa nai  envolveu unha pedra entre os cueiros e deulla ao pai para que a tragase.

- POR QUE SATURNO DEVORABA AOS SEUS FILLOS? COMO SE CHAMABA O FILLO QUE SE SALVOU?





    Outros planetas recibiron nomes de deuses familiares de Saturno. 

- CAL ERA A RELACIÓN FAMILIAR DE PLUTÓN, NEPTUNO E URANO CON ÉL?

    Tamén se relaciona co deus Saturno o nacemento de Afrodita...

- EXPLICA POR QUE.



    Na honra do deus Saturno, os romanos celebraban unhas grandes festas.

- COMO SE CHAMABAN ESTAS FESTAS?

- ONDE SE CELEBRABAN E EN QUE DATA?






- Estas festas semellaban a unhas que nós celebramos polas datas, a iluminación e o adorno de árbores. A QUE FESTAS NOS REFERIMOS?

- Tamén semellan a outras festas que celebramos recentemente porque todo estaba permitido. Os escravos e os amos intercambiaban os seus papeis, podíanse facer críticas...A QUE FESTAS VOS LEMBRA ISTO?

RESPOSTAS:

1.- Xúpiter. Zeus.
2.- Porque temía que algún día lle quitase o trono. Xúpiter.
3.- Pluto e Neptuno fillos, Urano pai.
4.- Porque a deusa nace tras cortar Saturno cunha fouce os testículos de Urano, que se mesturan coa espuma do mar, dando lugar ao seu nacemento.
5.- Saturnales. Entre o 17 e o 23 de Decembro no foro romano.
6.- Nadal.
7.- Antroido.

O GRUPO GAÑADOR DESTA SEMANA FOI.............
..........LAHL...!!!!!


2 comentarios:

Anónimo dijo...

Pareceume interesante o xogo de esta semana, foi moi entretenido

Anónimo dijo...

me encanta este concurso ;) !!!!!