VISÍTANOS CARLOS NEGRO
Desde o club de lectura de poesía quixemos estender a nosa admiración por Carlos Negro a toda a comunidade compartindo a súa visita co alumnado de 3º e 4º da ESO que tamén leu nas súas aulas os versos deste profesor-poeta.
Coa axuda do EDLG e mais do Seminario de Lingua, conseguimos que nos viñeses visitar.
No club lemos Penúltimas tendencias, Masculino singular, e houbo quen tamén se atreveu con Tundra. A rapazada axiña se identificou coa voz poética feminina do primeiro, e soubo interpretar perfectamente o eu lírico masculino do segundo. Vimos o contraste, as diferenzas e os puntos de encontro entre as dúas obras. Unha alumna que viñera de oínte, gozou tanto coa lectura deste autor que a motivou para ler máis poesía, xa que nunca fora a súa opción.
O encontro co autor foi todo un éxito. Achegounos un xénero literario que non é habitual entre os libros de cabeceira do noso alumnado.
Agardamos con impaciencia a súa próxima obra para este público xuvenil tan receptivo.
Gozade coa poesía.
Comentarios
me pareceu entretida a sua charla e paseino moi ben