LECTURAS PARA A DIVERSIDADE
En definitiva, coma sempre, pasamos un recreo agradable xuntos, que é o que faremos de agora en diante todos os luns co club de narrativa e todos os martes co club de poesía.
Como primeiro agasallo para vós, este pequeno poema. Que nunca vos asuste un libro, xa veredes como pasa o mesmo que con esta noite de Maria Victoria!!
"Anque os primeiros días
pasei ben medo
coas sombras, cos ruídos
e co silencio,
souben axiña
que a noite é unha festa
moi divertida."
Veña, ide pensando con que festa comezamos as nosas lecturas!
Comentarios