CONCURSO DA BIBLIOTECA- SEMANA 8
Os animais están presente no refraneiro e nas frases populares. Seleccionamos unhas poucas para que busquedes o seu significado:
1-A cabalo dado non se lle mira o dente.
2-Dar gato por lebre
3-Levarse coma o can e o gato.
4-Outra vaca no millo!
5-Haiche unha carreiriña de can.
6-Estar como o peixe na auga.
7-Sangrar coma un carneiro.
8-A cabra sempre tira ao monte.
9-Cada quen arrima as brasas á súa sardiña.
10-Ningún mono ve o seu rabo.
RESPOSTAS
1-Non busques defectos aos regalos que che fan.
2-Enganar a alguén dándolle algo peor que o que pediu.
3-Levarse moi mal con alguén.
4-Outro distraído que tamén se equivoca.
5-Hai pouca distancia.
6-Estar cómodo nun lugar ou nunha situación.
7-Sangrar moitísimo.
8-O que se aprendeu de pequeno sempre está presente.
9-Cada un fai as cousas como lle convén.
10-Ninguén ve os seus propios defectos.
O GRUPO GAÑADOR DA SEMANA FOI: BELMA
NORABOA!!!!!!!!!!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario