viernes, febrero 12, 2016

CONCURSO DA BIBLIOTECA

                                    CONCURSO DA BIBLIOTECA- SEMANA 3


  Retomamos o Concurso despois de dúas semanas nas que, por motivos técnicos e de disponibilidade do profesorado, non puidemos celebralo.

  Hoxe trataremos dun conto popular europeo que ten como protagonista a un gato que vai calzado e que, ademáis, fala.

-CAL É O TÍTULO DESTE CONTO?

  Foi recopilado por tres autores en tres obras diferentes. Une o nome de cada autor co da súa obra.

  Francesco Straparola                    Cagliuso
  Charles Perroult                            Cuentos de mamá gansa
  Giambattista Basile                        Las noches agradables


  Este gato tocáralle en herdanza a un rapaz que se queda decepcionado e incluso pensa en cociñalo e comelo. Pero o gato anímao.

  -QUE LLE DI O GATO?

  O gato foi cazar e levoulle caza ao rey.

  -QUE ANIMAIS DE CAZA LLE REGALOU?

  Tamén inventou un nome e un título para o seu amo.

  -CAL FOI ESTE TÍTULO?

  Logo mandou ao amo que smulase que se afogaba nun río para chamar a atención do rei e da súa filla.

  -COMO BERROU PARA QUE O REI SE ENTERASE?
  -EN QUE ANIMAL FIXO CONVERTER AO OGRO PARA QUEDARSE CO SEU CASTELO E OFRECERLLO AO SEU AMO?

  -QUE CONSEGUE FINALMENTE O GATO?


                                                    RESPOSTAS

1-O Gato con Botas.

2-Francesco Straparola-------------Las noches agradables
   Charles Perroult-------------------Cuentos de mamá gansa
   Giambattista Basile----------------Cagliuso

3-O gato dille ao rapaz que non se aflixa, que lle dea unhas botas e un saco e verá que a súa herdanza non é tan pobre.

4-Levoulle ao rei  un coello e varias perdices.

5-Marqués de Carabás.

6-Socorro!Auxilio! Que se afoga o Marqués de Carabás!

7-Converteu ao ogro en rato.

8-O gato consegue que o seu amo case coa filla do rei.

                                                   CLASIFICACIÓN

  O GRUPO GAÑADOR DA SEMANA FOI BELMA.
  BELMA ocupa a primeira posición, seguido por PENSADORES  e CHIPS AHOY, co mesmo número de puntos.

No hay comentarios: