sábado, marzo 14, 2015

Ano das Matemáticas na Biblioteca

Como este curso se celebra o ano das matemáticas nas bibliotecas escolares, non podiamos deixar pasar por alto unha data tan curiosa coma a de hoxe e tan pouco frecuente que teremos que agardar cen anos a que se repita: o día do número PI, ese número irracional cun número infinito de decimais, razón constante entre o perímetro da circunferencia e o seu diámetro.
Antes de lerdes este interesantísimo artigo que publica El País, explicamos por qué se considera hoxe (14 do 3 do 2015) o día de PI. Come sabedes, nos países anglosaxóns adoitan poñer primeiro o número do mes seguido do día e o ano para expresar a data, o día de hoxe sería polo tanto: 3 14 15; e a certa hora da mañá sería ... 3 14 15 9 26 53, ¿seguimos?



Tarta de mazá con aroma de pi, a Cociña e as Matemáticas na Biblioteca do IES de Catabois. 
Bo proveito!!!

1 comentario:

Anónimo dijo...

E para os máis valentes, o problema que tamén propón El País o domingo; a ver as nosas profes de mates, se nos poden botar unha man ...
(Copio o enderezo porque non se pode facer un enlace: http://elpais.com/elpais/2015/03/14/actualidad/1426360262_743353.html).