jueves, enero 16, 2014

FESTIVAL DE NADAL 2013


O venres 20 de decembro, no IES Catabois celebramos o Nadal divertíndonos moito.

Algunhas das nosas alumnas amosaron o seu talento cantando e bailando: Bibiana Fernández, Natalia Vergara, Cristel Sixto, Eli Tatyanova, Elisa Rodríguez e Aicha Pato.


Tamén xogamos ao xadrez, ao tenis de mesa e ao baloncesto.


Bela Kahia agasallounos coa interpretación dunhas pezas musicais co violín e varios alumnos de 1º E.S.O. recitaron poemas coa súa fermosa música de fondo. Grazas a todos eles: María Roca, Lucía Loureiro, André Rey, Pablo Rodeiro e Claudia Prieto.

E por fin, a esperada entrega de premios do concurso de cabazas promovido por E.C.H.O. e do concurso de postais de Nadal que cada ano convoca a Biblioteca do centro. Velaquí algúns dos galardonados cos seus titores. Felicidades a todos.







No hay comentarios: