sábado, noviembre 09, 2013

100 º aniversario do nacemento de Albert Camus.

Mira que é difícil atopar unha foto de Camus sen o cigarro! Foi o primeiro que pensamos cando nos puxemos a facer este recordatorio no día en que naceu, o 7 de novembro de 1913. Cunha vida intensa pero breve (pois faleceu aos 57 anos por mor dun accidente de coche), pasou a ser un dos autores franceses máis coñecidos no mundo como novelista, dramaturgo, filósofo e ensaísta. Foille concedido o premio Nobel de Literatura en 1957 por "ter analizado brillantemente os problemas de conciencia do ser humano nos nosos tempos" e Albert, criado nunha familia moi humilde en Alxeria, dedicouno ao profesor que, na súa mocidade, o animou a estudar.
A súa lista de citas, extraídas das súas obras e discursos, é moi longa. Salientamos esta que dá pé á súa imaxe.
Nous vivons avec des idées qui, si nous les éprouvions vraiment, devraient bouleverser toute notre vie.

(Convivimos con ideas que, se as puxesemos en práctica realmente, transformarían a nosa vida).

No hay comentarios: