miércoles, mayo 23, 2012

DÍA DAS LETRAS 2012. VALENTÍN PAZ-ANDRADE

Non queremos que remate o mes sen achegarvos o boletín dedicado a Valentín Paz-Andrade.
Como vén sendo habitual esta publicación é o resultado do traballo conxunto do noso equipo de dinamización da lingua co do IES As Mariñas de Betanzos.
Xa van 50 primaveras celebrando as nosas Letras. A biblioteca quixo arrumbar os 52 homenaxeados, tiralos dos andeis onde algúns permanecen esquecidos das vosas mans e achegárvolos na exposición da entrada do instituto.
Deixámosvos asemade unhas imaxes do que foi a celebración da Semana das Letras. Nela non só puidestes descubrir a vida, obra e personalidade do autor pontevedrés da man dun dos seus biógrafos, senón que tamén nos deleitamos coa engaioladora voz de Esther Gómez declamándo poemas de Valentín, de autoras e autores na nosa lingua e composicións propias dela.

Valentín Paz-Andrade on PhotoPeach

Gozade coa lectura.

No hay comentarios: