miércoles, abril 18, 2012

CONCURSO DA BIBLIOTECA

   Publicamos as preguntas do concurso da semana pasada. O tema é moi coñecido, xa que o protagonista é un personaxe literario e cinematográfico moi popular.
   Hoxe, ademais, entramos nun novo tema: o cómic.
  O noso personaxe naceu como tal nos anos......aaaai...esa é a pregunta para logo! Tras triunfar no papel (cómic e novela) foi levado ao cine e converteuse nunha serie de películas de éxitointernacional, con diferentes actores interpretando o papel principal ( e algún que outro animal que se faría tamén famoso, como por exemplo unha mona!) pero especialmente un, un antigo nadador olímpico e récordman mundial de natación que, ademais, foi o inventor do famosísimo berro que o fai recoñecible para todos, e que chamaba aos animais salvaxes para que acudisen na súa axuda.
  Estamos, loxicamente, falando de Tarzán de los Monos!




AÍ VAN AS PREGUNTAS


1-En que ano se publica a primeira historieta de Tarzán?
2-Como se chama o autor das novelas?
3-Que outro famosísimo personaxe de cómic é do mesmo autor? Pista... é un Bárbaro.
4-Dí os nomes dos máis famosos protagonistas ( masculino e feminino) das películas, ou sexa, o actor e a actriz que interpretaban a Tarzán e Jane.
5-Como se chamaba o fillo de Tarzán?...nas películas...claro
6-Nos anos 80 fíxose unha nova versión, protagonizada por Cristopher Lambert....cal é o título?

COMO XA TEMOS GAÑADORAS, "AS LOCAS" OUTRA VEZ, XA VAN AÍ AS RESPOSTAS.

1-O ano é 1912.
2-Edgard Rice Burroughs.
3-"Conan el Bárbaro".
4-Johnny Weismüler e Maureen O´Sullivan
5-O fillo de tarzán era Boy.
6-Greystoke, la Leyenda de Tarzán.
ATA A PRÓXIMA. BOA SEMANA!

No hay comentarios: