Visita de Gonzalo Moure
Este luns veunos visitar Gonzalo Moure, escritor valenciano con casa en Asturias e corazón no Sáhara. En 1989 deixa o seu traballo como xornalista na radio para dedicarse á literatura e publica a súa primeira obra Geranium. Dende entón, escribe obras dirixidas a todos os públicos, nas que presta atención aos problemas sociais e que gozan do éxito da crítica e do público. Non obstante, e malia todos os premios que recibiu, o traballo que máis nos interesou e conmoveu é o que realiza no Sáhara. Como mínimo unha vez ao ano encamíñase xunto con outros voluntarios nun camión convertido en biblioteca que leva a alegría aos nenos saharahuís: é o proxecto Bubisher (www.bubisher.com).
A continuación, o cadavre exquisito que os alumnos de 1º E.S.O. da profe Iolanda fixeron trala visita:
Onte
veunos visitar Gonzalo Moure (comezo da profe)
Pero chegou tarde
e pensabamos que xa non viña. (Alberto)
Viña para
falarnos de Palabras de Caramelo e do
libro que leron os de terceiro e cuarto. (Diego)
Pero a min o que máis me gustou foi que falase dos seus cabalos. E pregunteille “que sentes por un cabalo?” (Selene)
E a min tamén me gustou cando contou como morreu a súa egua. (Tamara).
Non entendín moi ben cando dixo que el daba antes a a vida polos saharauís ca polos españois. (Begoña)
Eu penso que foi porque nós temos de todo e os saharauís apenas teñen nada (Bibiana).
E despois algúns alumnos fixeron preguntas sobre a doma de cabalos e o Sahara (Alberto).

Iolanda (en representación da biblioteca) regaloulle a figura dun cabalo (Diego)
Creo que lle gustou porque lle gustan os cabalos. (Selene)
Dixo que xa non vai facer máis charlas porque vai vello. (Tamara)
Eu vino o ano pasado na escola, de San Xoán. E tamén me gustou. Lin Maíto pan duro, Os cabalos do meu tío, Palabras de Caramelo, Los gigantes de la luna e gustáronme. (Begoña)
Gustaríame que os nenos do campamento do Sahara que tivesen o que quixesen e fosen felices. (Bibiana)
Voulle dicir por Internet que veña outra vez. (Selene)Creo que lle gustou porque lle gustan os cabalos. (Selene)
Dixo que xa non vai facer máis charlas porque vai vello. (Tamara)
Eu vino o ano pasado na escola, de San Xoán. E tamén me gustou. Lin Maíto pan duro, Os cabalos do meu tío, Palabras de Caramelo, Los gigantes de la luna e gustáronme. (Begoña)
Gustaríame que os nenos do campamento do Sahara que tivesen o que quixesen e fosen felices. (Bibiana)
Gonzalo marchou co anuncio de que esta sería probablemente unha das derradeiras visitas que faría xa a centros de ensino. Agradecemos a sorte que tivemos puidendo coñecelo e telo con nós e aproveitamos para recordarvos a todos que podedes seguir en contacto con el a través do correo na súa páxina web www.gonzalomouretrenor.es .

Comentarios