miércoles, junio 15, 2011

LEMBRANDO A XOÁN FARIAS




 "A veces me pregunto si no deberíamos sentarnos en la cuneta, tirar la toalla, meter toda nuestra experiencia en un baúl, tirar el baúl al río y dejar que los niños improvisen una sociedad nueva..."
                                                                                       Salamanca, febrero de 1997

  Con esta frase de Xoán Farias queremos renderlle unha póstuma homenaxe ao escritor nado en Serantes no ano 1935, falecido o pasado 10 de xuño en Villaviciosa de Odón.
  As súas obras caracterízanse por un estilo elaborado e conciso, de gran precisión e alleo aos recursos retóricos. Moitas delas están ambientadas no mundo rural e amosan un compromiso político.
  Destaca na súa produción literaria xuvenil, que comeza a partires do 1977, entre outros títulos:
. "Algunos niños, tres perros y más cosas". 1980.
. "El Niño que vino con el Viento". 1986.
. "A la Sombra del Maestro". 1995.
. "La Infancia de Martín Piñeiro". 1998.
. "El Paso de los Días". 2000.

  Recibiu entre outros premios:
. Premios de Bronce e Humor do Festival de Montreux. 1973.
. Premio Nacional de Literatura Infantil y Juvenil. 1980.
.Premio Iberoamericano de Literatura Infantil y Juvenil. 2005.


  Nos últimos anos da súa vida puido disfrutar da ledicia de ver na súa cidade natal e, en concreto, na súa parroquia de Serantes unha biblioteca escolar que leva o seu nome.
 A nosa biblioteca ten unha ampla selección de obras  de Xoán Farias que podedes consultar:
- Un tiesto lleno de lápices ( ilustrado por Emilio Urberuaga): o protagonista, un rapaz de 10 anos, para quen ser escritor é un xogo de inverno. Cando chove e non se pode saír, escribe nun caderno sobre a súa realidade cotiá.
- Ismael, que fue marinero: Ismael é un vello mariñeiro xa retirado que vive dos seus recordos de alta mar...
- La fortuna de Ulises: A través da figura dun emigrante, o autor achéganos ao complicado mundo dos negocios e do diñeiro, para chegar á conclusión de que nin o diñeiro nin o poder poden substituír as máis elementais necesidades do ser humano: a amizade, a bondade, o amor...
- A la sombra del maestro: á sombra dun carballo de cen anos, o autor chega  a saber da vida do seu arredor, un pícaro, unha moza namorada...
- Os Corredoiras:  a historia da familia Corredoiras, que viven nunha vila preto do mar e cuxo pai, Andrés é pescador.
- A infancia de Martiño Piñeiro: na vida de Martiño nunca sucede nada extraordinario, non obstante cada xornada prodúcese o milagre de vivir..
- A pousada do sétimo día: tódolos 25 de xullo, se o ano é Xacobeo, aparece nun claro do bosque a taberna do Suso. Él, a súa muller e mais un neto parvo pasaron a ser ánimas en pena desde que un día, hai xa moitos anos, deron mal trato a uns pobres que ían en peregrinación.
Animádevos e collédeos como lectura, seguro que vos van encantar... 


1 comentario:

Chispa dijo...

Moitas veces, cando leo algo así de rotundo como as palabras coas que empezastes esta entrada, ou cando descubro algunha nova liña escrita por el, marabíllome da súa facilidade para expresar sentimentos que comparto. Sabe ser tenro cos máis débiles. Creo que por iso me gusta tanto. Creo que por iso disfruto tanto coa súa lectura.
Grazas polas vosas verbas, que tocan o noso pequeno corazón igual ca el nos tocou coa súa variña máxica.
Un saúdo agarimoso para todos vós, incluídos os nosos e as nosas "ex", desde a Biblioteca Xoán Farias. Aquí ao ladiño.