AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ: As nosas recomendacións

Queremos celebrar a merecida concesión do Premio Nacional de Literatura Xuvenil a Agustín Fernández Paz coa recomendación dun título seu para cada curso cara as vacacións de Nadal.
1º ESO:
A cidade dos desexos de Agustín Fernández Paz (Xerais). Para os máis pequenos, esta historia dun grupos de rapaces, María, Noa, Artur, Tareixa e Carlos, que soñan con mellorar a súa cidade a través do C.P.I.F. (CENTRO DE PROMOCIÓN DE INICIATIVAS FANTÁSTICAS).
2º ESO:
Tres pasos polo misterio reúne tres historias diferentes pero unidas polo fío condutor do misterio. Na primeira, un xove arqueólogo de Lugo investiga un misterioso feito sobre o culto prehistórico ás serpes. Na segunda, unha rapaza que está a piques de iniciar o Camiño de Santiago, aprende a contemplar as estrelas a carón dunha misteriosa compañía. Na última historia será un faro o escenario do abraiante enigma dunhas figuras e murmurios.
3º ESO:
Corredores de sombra. A protagonista, Clara, é testemuña da descuberta dun cadáver no seu pazo familiar. Pero ese non será o seu único descubrimento: o primeiro amor cun rapaz rexeitado pola súa familia, Miguel; a súa especial complicidade co seu tío Carlos, quen lle abrirá os ollos a unha nova visión da vida, da historia recente e dos libros.
4º ESO: Recomendámovos dúas novelas para que teñades onde escoller:
Noite de voraces sombras. As familias esconden segredos e mentiras, moitas veces motivados polas circunstancias. Tamén os países agachan segredos e mentiras. Nun caloroso mes de agosto, entre festas, baños no mar e apertas baixo un frondoso castiñeiro, Sara comprenderá que ningún futuro se pode construir sobre tan fráxiles cimentos.

Amor do quince anos, Marilyn. Cinco relatos autónomos nos seus argumentos pero unidos polo fío da nostalxia entretecidos con humor. Descubramos, se non o sabíamos, que nas noites da discoteca pululan vampiros, que o primeiro bico xamais se esquece e que o amor é a maxia máis poderosa. Por certo, moito coidado cos reximes de adelgazamento. Non vaias perder o teu amor!
Se che gusta o misterio, a cousa non remata aquí. Podes continuar cos outros libros do mesmo autor: Aire Negro, Cartas de Inverno, Contos por palabras...
Comentarios
Tampoco yo voy al instituto. La verdad es que voy en 4º de Primaria.
Ahora voy a empezar Septimus porque ya estoy acabando el último de La Brújula Dorada. ¿Te lo has leído? Si no, te lo recomiendo. Me gustaron más los libros que la película.
Seguramente ya has adivinado quién soy. Un beso:
Clara
P.D. ¿Me recomiendas algún libro?
P.D ¿crees que nos veremos pronto ? Eso espero . Que saques buenas notas , y... FELIZ NAVIDAD !!!
Clara