DÍA DA CIENCIA: CERTAME MICRORRELATOS O PODER DUNHA IDEA
Aquí tedes unha nova proposta que traballaremos desde o club de narrativa e en distintas materias. Con motivo de que o químico Fernando Calvet i Prats é o científico homenaxeado no Día da Ciencia en Galicia 2025 , o Grupo Editorial El Ideal Gallego pon en marcha un concurso de microrrelatos dirixido ao alumnado da ESO , en colaboración coa Xunta de Galicia . As persoas participantes, alumnado de secundaria (de 12 a 16 anos), deberán iniciar sesión no xornal dixital ou rexistrarse se aínda non o están, a través da seguinte ligazón: https://www.elidealgallego.com/a-coruna/2025-10-27/concurso-de-microrrelatos-o-poder-dunha-idea-813688.html Para participar, será necesario comentar na nova do concurso cun microrrelato de menos de 100 palabras , redactado en galego ou castelán, sobre a temática “O poder dunha idea” , inspirada na vida ou na obra do que é considerado o ...




