martes, marzo 22, 2011
UNHA NOVA NOVELA PARA FRANK SOUTELO
O detective creado por Miguel Anxo Fernández regresa cunha nova novela Lume de cobiza. Coñecemos o detective Soutelo pola serie de novelas detectivescas que o autor iniciou en 2002 con Un nicho para Marilyn, Un lugar no inferno e Tres disparos e dous friames (que os nosos alumnos de terceiro deberían coñecer e que está dispoñible na biblioteca ). A diferenza fundamental coas outras novelas da serie é que esta vez Frank Soutelo deixa Los Ángeles para resolver o seu primeiro caso en Galicia. A novela estará nas librarías o próximo mes de abril da man da editorial Galaxia.
Se vos gustou Tres disparos e dous friames, seguro que vos a gustar estoutra nova novela.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario