viernes, marzo 18, 2011
ENTROIDO 2011
O pasado venres 4 de febreiro celebramos no noso instituto o entroido. Os rapaces podían vir disfrazados e varios grupos deles estiveron toda a semana ensaiando nos recreos para preparar unha actuación que ofrecer ao resto dos seus compañeiros no festival que se desenvolveu nas últimas horas de clase.
A verdade é que este ano non houbo moita participación ( un tirón de orellas ), pero os que se presentaron fixérono moi ben:
- Laura, Nerea, Aida e Irene, de 1º, realizaron unha coreografía baseada nunha canción de Beyoncé. Tan ben o fixeron que levaron o premio á mellor actuación.
- Un grupo de rapaces e rapazas de 2º representaron un baile de policías e ladróns coa colaboración da súa profesora Emilia que fixo de improvisada vítima. Fixeron unha posta en escea tan boa que levaron o premio ao mellor disfraz temático outorgado pola biblioteca.
- Os de terceiro puxeron unha dobre aportación: entre unha gran parte deles debuxaron o cartel que daba á benvida ao entroido no instituto e no festival romperon o xeo das actuacións cun cabaret ( baseado tamén na novela policiaca) no que participou ademais Kevin, de 1º.
- Hugo, Fran e Julio realizaron unha exhibición de capoeira acompañados de Lucía, de 3º, do seu profesor de capoeira e dun ex-alumno do centro.
Os alumnos foron obsequiados cun diploma de recordo pola súa participación.
En canto ao concurso de sobremesas de entroido ( freixós, orellas, rosca...) a participación foi tan exigua que non se puido entregar o premio ao mellor deles pero, a cambio, todos os que trouxeron algo levaron un vale de consumición na cafetería do centro.
En canto os disfraces vimos de todo: mulleres de vida alegre, futbolistas... e mesmo algúns dos nosos profes animáronse tamén a vir disfrazados: Jose (de lingua castelá), Marga e Amable eran uns médicos un tanto extraños.
Aquí tedes unhas fotos para que vexades que tal foi o día:
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario