jueves, marzo 10, 2011

CHEGADA DE NOVOS COMICS Á NOSA BIBLIOTECA



Acabamos de adquirir unha escolma das últimas publicacións do mundo do cómic en galego. Nesta selección podedes atopar obras de autores tan importantes com Xaquín Marín, Xosé Tomás, Alberto Guitián, Pepe Carreiro, Miguelanxo Prado ... Desde autores máis clásicos a aqueloutros máis contemporáneos. E tamén revistas como Galimatías, Purgatorio, Retranca ... Ademais dunha pequena representación de autores españois e estranxeiros.
Animádevos e botade unha ollada. Podedes descubrilos na sección de novidades.

No hay comentarios: