viernes, noviembre 28, 2008

NOVA NOVELA DO PROFESOR HENRIQUE DACOSTA



En Catabois estamos de noraboa. O noso compañeiro e profesor, Henrique, acaba de publicar unha nova novela: O prezo da tentación (Ferrol: Edicións Émbora: 2008). Dende o noso blog, queremos facernos eco da estupenda noticia e incluir un resumo do seu argumento para animar a todos a achegarnos a esta nova narración. A presentación terá lugar o vindeiro día 11 de decembro na Galería Sargadelos de Ferrol ás 8 horas. Estades todos convidados.
Aproveitamos tamén para comunicarvos que, como gañador da última edición do Premio de Narrativa Breve "Carballo Calero", Henrique recibirá o premio nun acto que terá lugar o día 19 de decembro no Centro "Torrente Ballester". Trátase dunha serie de narracións breves que leva por título Unha mada de doce relatos e que está a piques de dar a lume a editorial Laiovento.

ARGUMENTO DE "O PREZO DA TENTACIÓN":

Mauro é o protagonista da nosa historia. Fascínao o carácter do seu tío avó, comerciante en móbeis e antigüídades, que rexenta un negocio na cidade. A mai de Mauro, sobriña de Armando, mantén unha relación moi pouco cordial con este, debido a asuntos familiares que veñen de vello. De feito, o tío avó Armando, moitos anos atrás, fuxira para a Guinea Ecuatorial, daquela aínda colonia española. Mais ao pouco de se emancipar da metrópole, e os ventos sopraren enrarecidos, Armando volta á súa cidade natal por ver de endereitar a vida. Así pois, e froito das longas conversas mantidas entre ambos, sobriño-neto e tío avó, nacerá unha profunda e singular amizade que haberá de marcar, de aquí en diante, a personalidade do rapaz. Pasado o tempo, xa o tío avó Armando morrera, este converterase en profesor universitario. A vida parécelle sorrir, mais sempre nel prevalecerá un pouso de insatisfacción, que o obriga á procura de algo inconcreto que o poida facer feliz. O que herdara do seu tío avó fora ben exiguo, no entanto, e a raíz dun curioso azar, sobrevén algo fascinante, o que talvez traia o tan ansiado. A longa, tortuosa, así como vertixinosa viaxe que emprenderá a partir deste instante carece dun final, dun destino coñecido, mais non estará exenta de perigos. O vacío que o atenazaba até é posíbel que por fin desapareza, porque o que está á súa espera poida que veña a solucionar o seu descougo.


jueves, noviembre 27, 2008

AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ: As nosas recomendacións




Queremos celebrar a merecida concesión do Premio Nacional de Literatura Xuvenil a Agustín Fernández Paz coa recomendación dun título seu para cada curso cara as vacacións de Nadal.


1º ESO:
A cidade dos desexos de Agustín Fernández Paz (Xerais). Para os máis pequenos, esta historia dun grupos de rapaces, María, Noa, Artur, Tareixa e Carlos, que soñan con mellorar a súa cidade a través do C.P.I.F. (CENTRO DE PROMOCIÓN DE INICIATIVAS FANTÁSTICAS).

2º ESO:
Tres pasos polo misterio reúne tres historias diferentes pero unidas polo fío condutor do misterio. Na primeira, un xove arqueólogo de Lugo investiga un misterioso feito sobre o culto prehistórico ás serpes. Na segunda, unha rapaza que está a piques de iniciar o Camiño de Santiago, aprende a contemplar as estrelas a carón dunha misteriosa compañía. Na última historia será un faro o escenario do abraiante enigma dunhas figuras e murmurios.

3º ESO:
Corredores de sombra. A protagonista, Clara, é testemuña da descuberta dun cadáver no seu pazo familiar. Pero ese non será o seu único descubrimento: o primeiro amor cun rapaz rexeitado pola súa familia, Miguel; a súa especial complicidade co seu tío Carlos, quen lle abrirá os ollos a unha nova visión da vida, da historia recente e dos libros.

4º ESO: Recomendámovos dúas novelas para que teñades onde escoller:
Noite de voraces sombras. As familias esconden segredos e mentiras, moitas veces motivados polas circunstancias. Tamén os países agachan segredos e mentiras. Nun caloroso mes de agosto, entre festas, baños no mar e apertas baixo un frondoso castiñeiro, Sara comprenderá que ningún futuro se pode construir sobre tan fráxiles cimentos.
Amor do quince anos, Marilyn. Cinco relatos autónomos nos seus argumentos pero unidos polo fío da nostalxia entretecidos con humor. Descubramos, se non o sabíamos, que nas noites da discoteca pululan vampiros, que o primeiro bico xamais se esquece e que o amor é a maxia máis poderosa. Por certo, moito coidado cos reximes de adelgazamento. Non vaias perder o teu amor!

Se che gusta o misterio, a cousa non remata aquí. Podes continuar cos outros libros do mesmo autor: Aire Negro, Cartas de Inverno, Contos por palabras...

miércoles, noviembre 26, 2008

La magia en la literatura. Lecturas recomendadas para el primer trimestre




LA MAGIA EN LA LITERATURA: Este año nuestro eje temático será la magia y para empezar aquí tenéis una recomendación por curso para este primer trimestre, pero esto no acaba aquí. Seguiremos recomendándoos en próximas entradas.

Tenéis todos estos libros en la Biblioteca. Pasad a buscarlos y comentarlos con nosotros:

1º ESO:

El Mago de Oz: de L. Frank Baum (adaptación de James Riordan, ilustraciones de Víctor G. Ambrus) Ed. Vicens Vives.
Excelente adaptación del clásico norteamericano tan genialmente llevado a la pantalla en 1939 por Víctor Fleming con una prometedora Judy Garland. Disfruta del viaje de Dorotea, el Espantapájaros sin cerebro, el Hombre de Hojalata que busca su corazón y el León cobarde por el camino de baldosas amarillas. Todos los sueños se pueden hacer realidad si los buscamos en buena compañía y con empeño.


2º ESO:

La ciudad de las bestias: de Isabel Allende (Editorial Montena). Primera parte de las aventuras de Alex Cold con su abuela, la intrepida reportera Kate, y su fascinante amiga brasileña, Nadia. Insuperable mezcla de canto en defensa de los seres que habitan en el Amazonas y de buceo en sus misteriosas costumbres. Seguro que te apetecerá continuar con El reino del dragón de oro en las montañas del Reino Prohibido del Tibet, y con El bosque de los pigmeos en la selva africana.


3º ESO:

Corazón de Tinta: de Cornelia Funke (Editorial Siruela). Otra genial primera parte de otra genial trilogía. Adelántate a la versión cinematográfica con la degustación de esta joya de la literatura fantástica de nuestro tiempo. No tiene nada que envidiarle a la saga de Harry Potter. Meggie descubre que su padre, Mo, tiene un poder mágico en su voz, es capaz de intercambiar dos universos: el suyo y el del libro Corazón de Tinta escrito por Fenoglio. De hecho, ha logrado con su singular poder convocar a varios personajes de esa historia: Dedo Polvoriento, Basta, Capricornio, pero a cambio ha perdido a su mujer, Resa. ¿Heredará Meggie ese poder?, ¿recuperará a su madre?, ¿viajará al mundo de los libros. No te lo puedes perder. Además, tienes la continuación asegurada en Sangre de Tinta y Muerte de Tinta.



4º ESO:

Leyendas de Bécquer (Editorial Bruño). El gran autor del Romanticismo siempre estará vigente. Si de magia se trata este año, ¿qué mejor que acercarse a este clásico que supo combinar magistralmente las leyendas sobre mujeres demonios en los bosques, corzas blancas que cantaban a coro, matrimonios con esqueléticas manos que desagravian promesas incumplidas... ¡Atrévete con los clásicos!


lunes, noviembre 24, 2008

Plano da biblioteca


Os recomiendo la lectura de Carta al rey de la escritora holandesa Tonke Dragt. Disfrutaréis de un nuevo universo poblado de caballeros medievales. Espero vuestras críticas y comentarios.

viernes, noviembre 21, 2008

Participantes del Club de lectura



Hoxe tivemos unha nova sesión do noso Club. Primeiro falou José do libro Martes con mi viejo profesor de Mitch Albom e limos algúns fragmentos. Nel, o autor recoñece na televisión o seu vello profesor da Universidade e póñese en contacto con él. Retoma as súas leccions de un xeito diferente.
Pilar recomendou os libros de Tonke Dragt (Carta al Rey, El secreto del relojero e outros) de Editorial Siruela, que acaba de mercar a Biblioteca. Sara (1ºA), xa leu Los secretos del bosque salvaje da misma autora de orixe indonesia e recomendou a lectura destes libros de aventuras de cabaleíros medievais.
Cristian, de 1º A, recomendou Hadas y Dragones, un cómic de Ciruelo. Álvaro recomendou A la caza del Octubre Rojo, de Tom Clancy. Todos comentamos a película e incluso Álvaro cantou o Himno Soviético e todos rimos moito.
Dani, seguindo coas súas famosas lecturas de Gisbert, recomendou Los Espejos Venecianos.
Adri preguntou por libros de cabalos.
Carolina comentou o seu entusiasmo por o último de Stephene Meyer, Amanecer, e Pilar comentou que leu o primeiro da saga, Crepúsculo, en tres días.
Animouse a todos os compoñentes do noso Club a expresar as súas opinions no noso Blog, como xa están a facer.
Rematou a sesión con bastantes préstamos.

viernes, noviembre 14, 2008

Club de Lectura: seguimos creciendo


En homenaje a nuestros antiguos alumnos componentes del Club de Lectura (Andrea, Adán) vamos a insertar algunas fotos de su participación el año pasado. ¡Mucha suerte, chicos en el Bachillerato!

viernes, noviembre 07, 2008

Nova sesión do Club de Lectura

Nova sesión do Club de Lectura.
Na sesión de hoxe fixemos algunhas recomendacións para preparar a visita de Joan Manuel Gisbert no mes de febreiro. Dani (3º A) xa leu "El enigma de la muchacha dormida" e "El secreto del hombre muerto". Recomenda especialmente o primeiro. Sara (1ºA) comenzou "Los armarios negros". Entre todos comprometémonos a preparar a visita de Gisbert con moitas lecturas das súas obras.
Carolina (3ºA) amosa o seu entusiasmo pola chegada de "Amanecer", o último da saga de Stephenie Meyer, e anima a todos a disfrutar con "Crepúsculo", "Luna Nueva" e "Eclipse". A mesma Carolina comenta que ten ganas de ler "La historia del Rey Transparente" de Rosa Montero. E Victoria di que ela tamén a lera e gustoulle.
Elia (1ºA), no seu primeiro día no noso Club, comenta que está contenta coa lectura de "Fairy Oak" e Carolina síntese moi identificada con ela e recorda cando estaba en Primeiro.
Álvaro (4ºDC) recomendou un clásico de aventuras: "Sandokan" de Emilio Salgari.
Alfonso, facendo un cambio de rexistro, comenta que podiamos ler todos "O diario de Anna Frank", aproveitando o éxito do "O neno do pixama de raias".
Alfonso suxire que os membros do Club, cando nos vexamos polo corredor, sigamos falando de libros.
Aínda non decidimos o modelo de pasaporte do lector porque estamos esperando os deseños dos rapaces de Primeiro, pero xa temos uns moi prometedores.
Ata a próxima reunión.