viernes, marzo 22, 2013

CONCURSO DA BIBLIOTECA



                                             CONCURSO DA BIBLIOTECA

  A ilustración corresponde á portada dunha da edicións de "La Ilíada", unha importante obra da literarura clásica.

-En que século se cre que se escribiu?

-De onde procede o nome de Ilíada?

-A que autor se atribúe esta obra?

Que outra importante obra se atribúe ao mesmo autor?

 A obra narra a cólera dun heroe grego durante unha famosa guerra.

-Quen foi este heroe?

-De quen era fillo?

-Como se chama esa famosa guerra?

Quen se enfronta nela?


AS RESPOSTAS SON AS SEGUINTES:

-S.VIII a.C.
-Procede de Ilión, nome grego de Troia.
-Homero
-Odisea
-Aquiles
-Tetis e Peleo.
-Guerra de Troia.
-Gregos e troianos.

O GRUPO GAÑADOR É SAN FERNANDO, QUE ACUMULA OUTROS CINCO PUNTOS.

TRÍPTICO DE LA BIBLIOTECA



Nuestro Tríptico de la Biblioteca del Segundo Trimestre. Esperamos que os guste.


CLUB DE LECTURA DE ADULTOS


Desde esta  página os recordamos que la próxima sesión del Club de Lectura de Adultos se celebrará el martes 9 de abril a la hora acostumbrada. Esperamos que estéis disfrutando este mes con la propuesta de El americano tranquilo de Graham Greene.

jueves, marzo 21, 2013

EXPOSICIÓN: O HUMOR GRÁFICO E OS DEREITOS DO NENO

Grazas á colaboración do Concello de Fene a través do Museo do Humor, contamos no noso centro cunha emotiva exposición que aborda o tema dos dereitos da infancia dende a perspectiva do humor.  A mostra está composta por un total de 30 láminas dos máis recoñecidos debuxantes peninsulares, europeos e de América Latina, que conseguen facernos reflexionar sobre a forma en que funcionamos como sociedade ao tempo que nos provoca un sorriso.
Alegrámonos moito do éxito que tivo esta exposición entre os nosos alumnos. Algúns, como Rubén Suárez (3ºA), valoraron a calidade dos debuxos; outros, como Fernando e Víctor (4º A), recoñeceron o valor da ironía e o humor como ferramenta para a reflexión.
Para rematar, aí vai a despedida dos alumnos de 3ºA, que demostraron ser os máis entusiastas.


miércoles, marzo 20, 2013

NACEMENTO DO CLUB DE XADREZ

O pasado luns 18 de marzo, constituíuse oficialmente no IES Catabois o Club de Xadrez, dada a grande afición que ten o xogo entre moitos dos nosos alumnos. O Club está aberto a calquera que lle guste xogar ou desexe aprender entre amigos. O Club reúnese todos os luns no 2º recreo na aula de convivencia para falar, compartir xogadas e lanzar desafíos.
Aí vai unha fotografía con algún dos seus compoñentes.
Moita sorte na vosa andaina!
Hipólito alias "Esmill", o presidente do Club, Leandra, Daniel García, Erik Santos, Joan, Zeltia, Marcos e María alias "Ireth", que exerce de vicepresidenta, agardan a todos aqueles que se sintan atraídos polos retos. Animádevos a participar!

lunes, marzo 18, 2013

O CLUB DE LECTURA DE ADULTOS NO DIARIO DE FERROL

Onte domingo, 17 de marzo, a prensa local anunciou a homenaxe que a Biblioteca deste centro fará á figura de José Beceiro o vindeiro 23 de abril a partir das 17'00 h. Aproveitamos a ocasión para convidar a todos os veciños e membros da comunidade educativa do IES Catabois a celebrar con nós o Día do Libro, protagonizado este ano polo noso ben querido José.




lunes, marzo 11, 2013

CLUB DE LECTURA DE ADULTOS

O pasado martes 5 de marzo, reunímonos algúns dos integrantes do Club de Lectura de Adultos para intercambiar as nosas visións desta obra de Shakespeare, Las alegres comadres de Windsor. Non puidemos contar coa presencia de Mónica, moderadora e fotógrafa oficial das sesións nin, por motivos de saúde, con María, Chus e Carmela, ás que lles desexamos que se recuperen axiña e acudan o vindeiro martes 9 de abril.
Comentamos a importancia que teñen os personaxes femininos nas obras cómicas de Shakespeare e un aspecto que gustou a todas as lectoras da obra foi a lección que as esposas dan tanto ao bribón Falstaff coma aos seus maridos celosos e malpensados. Aurora salientou a gran difusión que acadaron as obras deste autor ata os nosos días e a súa influencia no cine. Pilar relacionou esta idea coa obra Cartas a Julieta de Lise e Ceil Friedman, que recolle o costume depositar cartas de amor no muros da casa de Verona onde a tradición sitúa a casa de Julieta; a novela fíxose película en 2010 dirixida por Gary Winick e protagonizada por Amanda Seyfried, Vanessa Redgrave e Gael Garcia Bernal, entre outros.
Para rematar, Ana lamentou que as ausencias das compañeiras impedisen levar a cabo a lectura dramatizada dun fragmento da obra que María e Pilar propuxeran na sesión anterior, xa que segundo ela, as pezas teatrais son para ver, oír e sentir.

viernes, marzo 08, 2013

UN PLANETA DE PALABRAS. DÍA INTERNACIONAL DE LA MUJER TRABAJADORA.



 



A la muerte de Emily Brontë.
 
Mi querida, tú nunca te marchitarás lo sabes
La agonía absoluta de la aflicción
Esa hemos traído por ti.
Así podemos llorar de consuelo
Incluso desde la profundidad de nuestra desesperación
Y consumirnos en el sufrimiento.
 
En el suplicio de todas las noches eres perdonada
Cuando toda la apabullante verdad es manifiesta
A la mente despierta,
Cuando el corazón se irrita se perfora por el dolor,
Hasta que salvajemente implora socorro,
Pero alivio pequeño puede encontrar.

Ni sabías lo que es mentir
Mirando adelante con el ojo del discurrir
En el solitario desierto de la vida.
Cansado, cansado, oscuro y lúgubre,
¿Cómo soportaré el viaje,
La carga y la angustia?

Entonces, ya serás perdonada por tanto dolor
No te deseamos aquí de nuevo;
El que vive debe llorar.
Que Dios nos ayude a través de nuestro sufrimiento
Y nos dará el descanso y tu alegría
¡Cuando alcancemos nuestro destino!

24 de diciembre de 1848.


Charlotte Brontë (1816-1855).

lunes, marzo 04, 2013

XABIER P. DOCAMPO NO IES DE CATABOIS



Onte tivemos entre nós o escritor Xabier P. DoCampo. Chegou co seu chapeu e a súa bufanda e agardou na soidade das bambolinas a que soase o timbre que o levaría a escea. Entrou na sala de audiovisuais coa familiaridade e o andar confiado do mestre que vén de deixar as aulas. Non traía cartafol, nin presentación en power point, nin libros, e alguén de seguro que pensou "a ver se non me ven e podo durmir". Pero en canto quitou o chapeu e comezou a falarnos, toda a maxia que encerra o termo literatura nos fixo acordar. E a vós, a rapazada de primeiro e segundo, descubriuvos o laborioso oficio do escritor e o enriquecedor que é ler. E a vós, alumnado de terceiro e cuarto indicouvos que a lectura tamén é un acto de rebeldía e que non hai aprendizaxe máis libre que a que vós mesmos buscades, e atopades sempre, nos libros.
E falounos de Cunqueiro, de Stevenson, de Dostoyevski... E sen falarnos apenas da súa obra, a non ser polas vosas preguntas sobre O país adormentado, ou sobre Cando petan na porta pola noite, deixounos ese bo celme que zumegan os contos de lareira, de muíño, de taberna..., dos que si que paga a pena ser seareiros.

Gozade coa lectura e: acordade!



CLUB DE LECTURA DE ADULTOS

La sesión del Club de Lectura de Adultos correspondiente al mes de marzo se celebrará el próximo martes, día 5. El encuentro estará dedicado al teatro y, en concreto, a la comedia Las alegres comadres de Windsor, de William Shakespeare. Estáis todos invitados. Os esperamos.