lunes, marzo 04, 2013

XABIER P. DOCAMPO NO IES DE CATABOIS



Onte tivemos entre nós o escritor Xabier P. DoCampo. Chegou co seu chapeu e a súa bufanda e agardou na soidade das bambolinas a que soase o timbre que o levaría a escea. Entrou na sala de audiovisuais coa familiaridade e o andar confiado do mestre que vén de deixar as aulas. Non traía cartafol, nin presentación en power point, nin libros, e alguén de seguro que pensou "a ver se non me ven e podo durmir". Pero en canto quitou o chapeu e comezou a falarnos, toda a maxia que encerra o termo literatura nos fixo acordar. E a vós, a rapazada de primeiro e segundo, descubriuvos o laborioso oficio do escritor e o enriquecedor que é ler. E a vós, alumnado de terceiro e cuarto indicouvos que a lectura tamén é un acto de rebeldía e que non hai aprendizaxe máis libre que a que vós mesmos buscades, e atopades sempre, nos libros.
E falounos de Cunqueiro, de Stevenson, de Dostoyevski... E sen falarnos apenas da súa obra, a non ser polas vosas preguntas sobre O país adormentado, ou sobre Cando petan na porta pola noite, deixounos ese bo celme que zumegan os contos de lareira, de muíño, de taberna..., dos que si que paga a pena ser seareiros.

Gozade coa lectura e: acordade!



No hay comentarios: