miércoles, marzo 20, 2013

NACEMENTO DO CLUB DE XADREZ

O pasado luns 18 de marzo, constituíuse oficialmente no IES Catabois o Club de Xadrez, dada a grande afición que ten o xogo entre moitos dos nosos alumnos. O Club está aberto a calquera que lle guste xogar ou desexe aprender entre amigos. O Club reúnese todos os luns no 2º recreo na aula de convivencia para falar, compartir xogadas e lanzar desafíos.
Aí vai unha fotografía con algún dos seus compoñentes.
Moita sorte na vosa andaina!
Hipólito alias "Esmill", o presidente do Club, Leandra, Daniel García, Erik Santos, Joan, Zeltia, Marcos e María alias "Ireth", que exerce de vicepresidenta, agardan a todos aqueles que se sintan atraídos polos retos. Animádevos a participar!

No hay comentarios: