skip to main |
skip to sidebar
EXPOSICIÓN: O HUMOR GRÁFICO E OS DEREITOS DO NENO
Grazas á colaboración do Concello de Fene a través do Museo do Humor, contamos no noso centro cunha emotiva exposición que aborda o tema dos dereitos da infancia dende a perspectiva do humor. A mostra está composta por un total de 30 láminas dos máis recoñecidos debuxantes peninsulares, europeos e de América Latina, que conseguen facernos reflexionar sobre a forma en que funcionamos como sociedade ao tempo que nos provoca un sorriso.
Alegrámonos moito do éxito que tivo esta exposición entre os nosos alumnos. Algúns, como Rubén Suárez (3ºA), valoraron a calidade dos debuxos; outros, como Fernando e Víctor (4º A), recoñeceron o valor da ironía e o humor como ferramenta para a reflexión.
Para rematar, aí vai a despedida dos alumnos de 3ºA, que demostraron ser os máis entusiastas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario