viernes, abril 22, 2016

CONCURSO DA BIBLIOTECA

                                  CONCURSO DA BIBLIOTECA - SEMANA  10

      Completade:

      Old Yeller, que en España tradúcese como.................................e en Hispanoamérica                 como.................................... , é o título dun episodio dunha famosa serie de televisión que se chama..
.........................................


      Os irmáns ................... e .................... xunto cos seus amigos e amigas provocan a destrución da casiña  da árbore, que é reconstruída polos ......................... Pero ........................queda atrapado nela e chama ao can........................................para que o salve, pero non o fai. O gato ....................................
sálvao.............................................para despertalo.



  

  Elixide a opción correcta:

     -O can converteuse en mascota dunha marca de:
      
       SOPA          CERVEXA       XABRÓN        PERFUME        COMIDA PARA CANS


     -Finalmente, é substituído como mascota da marca por outro animal:

      UN LOBO       UN GATO       UN TIBURÓN        UN LEÓN




                    RESPOSTAS

        Old Yeller, que en España tradúcese como MI FIEL COBARDICA e en Hispanoamérica como EL PERRO COBARDE, é o título dun episodio dunha famosa serie de televisión que se chama LOS SIMPSON.
        Os irmáns Burt e Lisa xunto cos seus amigos e amigas provocan a destrucción da casiña da árbore, que é reconstruída polos AMISH. Pero HOMER queda atrapado nela e chama ao can AXUDANTE DE SANTA para que o salve, pero non o fai. O gato BOLA DE NEVE II sálvao RABUÑÁNDOLLE O PEITO para despertalo.

         As opcións correctas son : CERVEXA  e TIBURÓN.


       O GRUPO GAÑADOR DA SEMANA FOI :   BELMA  . 
      



NORABOA!!!!!!

martes, abril 19, 2016

CONCURSO DA BIBLIOTECA

                                     CONCURSO DA BIBLIOTECA- SEMANA 9


              Esta semana entraremos no mundo da maxia a través das novelas de Harry Potter. Aquí aparecen catro cans interesantes sobre os que teredes que atopar os seguintes datos:

1-Como se chama o can xabalineiro ou Gran Danés?
  -De quen é mascota?
  -Vive co seu dono ao lado de que Bosque?

2-Como se chama o can de tres cabezas?
  -Quen o criou?
  -Que custodia este can?
  -Cal é o seu punto débil?

3-Como se chama o can que presaxia a morte?
  -De que cor é?
  -De que cor son os seus ollos?

4-Ripper é outro dos cans. Como é o seu nome en español?
  -De que raza é?
  -Por que se deprime?



                                                                  
                                                                     RESPOSTAS
                                                         

                   1-Fang                                                  
                     -Rubens Hagrid                               
                     -Bosque Prohibido
                                                                                
                   2-Fluggy
                     -Rubens Hagrid
                     -A pedra filosofal
                     -A música

                    3-Grim
                      -Negro
                      -Amarillos

                    4-Destripador
                      -Bulldog
                      -Cando a súa dona,Marjorie, está lonxe.


         O GRUPO GAÑADOR DA SEMANA FOI :  THE DARK . NORABOA!!!!!

  

jueves, abril 14, 2016

Club de Lectura "José Beceiro"

Ofrecemos agora aos nosos lectores as impresións que compartimos na sesión do xoves 10 de marzo sobre a lectura de Al Este del Edén de John Steinbeck, e que non nos foi posible publicar antes neste blog.
Todas chegamos entusiasmadas á xuntanza, con moitas ganas de contar e de coñecer a opinión das demais sobre unha obra cumio na literatura americana e universal, cun argumento e cuns personaxes que xa non esqueceremos. Pepucha trouxo café e pastas a unha tarde de frío e a tertulia comezou moi animada.

Al Este del Edén é a obra máis complexa de Steinbeck dende o punto de vista da súa estructura na que hai saltos no tempo e se entremezcla a propia biografía do escritor coa ficción narrativa. Axiña xurdiu como referente a outra grande obra do autor Las uvas de la ira, tamén con versión cinematográfica e, na na nosa opinión, máis redonda que a esta que nos ocupa.

Salientamos a dualidade dos personaxes, quizais un tanto estereotipados no caso de Kate ou do servinte oriental, e chegamos ao tema do ben e do mal, do poder do amor, do peso das circunstancias vitais e tamén da capacidade das persoas para vencelas e vencer o mal. Identificanos as pegadas bíblicas que este autor imprime a todas as súas grandes obras e tamén o seu estilo narrativo, tan característico que consigue conectar co lector creando con el un clima de intimidade e empatía.

miércoles, abril 13, 2016

Club de Lectura "José Beceiro"

O pasado xoves 7 de abril celebramos na Biblioteca do noso centro a xuntanza do Club para falar da obra poética de Luz Pozo Garza. A obra que nos concernía era Códice Calixtino; non obstante, posto que algún dos membros levara un exemplar coas obras completas ou cunha antoloxía, falamos tamén da súa creación poética en xeral.
Á maior parte de nós sorprendeunos a dificultade á hora de adentrarmos nunha escrita tan culta, chea de referencias e símbolos nos seus versos. Vimos como esta autora estudou en profundidade a literatura galega e francesa; non en van se ten relacionado coa poesía francesa simbolista, con Rimbaud e Baudelaire. Procuramos as pegadas doutras culturas na súa poesía e atopamos rastros orientais e celtas.
Todas destacamos a profundidade das súas palabras e o hermetismo de determinados versos que puidemos comprender mellor á luz dos estudos que se teñen publicado sobre a súa vida e obra.

Para finalizar a sesión, limos en voz alta un poema, traducimos outro bilingüe galego- francés e vimos e escoitamos a propia autora en dous vídeos que a AELG (Asociación de Escritores en Lingua Galega) pon á disposición de todos na súa páxina web e que quedan enlazados para os nosos lectores.

martes, abril 12, 2016



CONCURSO DA BIBLIOTECA- SEMANA 8

Os animais están presente no refraneiro e nas frases populares. Seleccionamos unhas poucas para que busquedes o seu significado:

1-A cabalo dado non se lle mira o dente.                
2-Dar gato por lebre
3-Levarse coma o can e o gato.
4-Outra vaca no millo!
5-Haiche unha carreiriña de can.

6-Estar como o peixe na auga.
7-Sangrar coma un carneiro.
8-A cabra sempre tira ao monte.
9-Cada quen arrima as brasas á súa sardiña.
10-Ningún mono ve o seu rabo.


RESPOSTAS                                                                             

1-Non busques defectos aos regalos que che fan.

2-Enganar a alguén dándolle algo peor que o que pediu.

3-Levarse moi mal con alguén.

4-Outro distraído que tamén se equivoca.

5-Hai pouca distancia.

6-Estar cómodo nun lugar ou nunha situación.

7-Sangrar moitísimo.

8-O que se aprendeu de pequeno sempre está presente.

9-Cada un fai as cousas como lle convén.

10-Ninguén ve os seus propios defectos.







            O GRUPO GAÑADOR DA SEMANA FOI:   BELMA



               NORABOA!!!!!!!!!!!!





















martes, abril 05, 2016

CONCURSO DA BIBLIOTECA


     

   CONCURSO DA BIBLIOTECA   -   SEMANA 7
 


     Félix de Samaniego, español do século XVIII, escribiu fábulas morales coa finalidade de aportar aos lectores unha ensinanza. Sempre rematan cunha moralexa.

     En todas estas fábulas, os animais protagonistas sempre forman parte do título.

   - Compoñede oito títulos de fábulas de Samaniego cos nomes de animais que se enumeran a continuación.

     EL ASNO      EL CUERVO    LA ZORRA    EL LEÓN    LA HORMIGA     LA TORTUGA

     EL ÁGUILA    LOS BUEYES   EL CIERVO   EL ZORRO   EL COCHINO   EL PERRO

     LAS MONAS    LA CIGARRA    EL LEOPARDO.

    -Completade os títulos cos animais que correspondan:
   
      EL HOMBRE Y LA ............................
      LOS DOS AMIGOS Y EL .................
      EL ZAGAL Y LAS......................
      LA .....................DE LOS HUEVOS DE ORO.

                             
   RESPOSTAS CORRECTAS

     Composicións:

    -El asno y el cochino   -El cuervo y el zorro    -El león y la zorra    -La cigarra y la hormiga.

    -La tortuga y el águila    -El lobo y el perro    -El leopardo y las monas   -El ciervo y los bueyes


    Títulos completos:

    -El hombre y la culebra.    
    -La gallina de los huevos de oro.
    -Los dos amigos y el oso.
    -El zagal y las ovejas.


                   GAÑADORES DA SEMANA :  THE DARKS.
                   NORABOA!!!!!
        



    



    



                                           




-