jueves, abril 14, 2016

Club de Lectura "José Beceiro"

Ofrecemos agora aos nosos lectores as impresións que compartimos na sesión do xoves 10 de marzo sobre a lectura de Al Este del Edén de John Steinbeck, e que non nos foi posible publicar antes neste blog.
Todas chegamos entusiasmadas á xuntanza, con moitas ganas de contar e de coñecer a opinión das demais sobre unha obra cumio na literatura americana e universal, cun argumento e cuns personaxes que xa non esqueceremos. Pepucha trouxo café e pastas a unha tarde de frío e a tertulia comezou moi animada.

Al Este del Edén é a obra máis complexa de Steinbeck dende o punto de vista da súa estructura na que hai saltos no tempo e se entremezcla a propia biografía do escritor coa ficción narrativa. Axiña xurdiu como referente a outra grande obra do autor Las uvas de la ira, tamén con versión cinematográfica e, na na nosa opinión, máis redonda que a esta que nos ocupa.

Salientamos a dualidade dos personaxes, quizais un tanto estereotipados no caso de Kate ou do servinte oriental, e chegamos ao tema do ben e do mal, do poder do amor, do peso das circunstancias vitais e tamén da capacidade das persoas para vencelas e vencer o mal. Identificanos as pegadas bíblicas que este autor imprime a todas as súas grandes obras e tamén o seu estilo narrativo, tan característico que consigue conectar co lector creando con el un clima de intimidade e empatía.

No hay comentarios: