jueves, marzo 17, 2011
REEDICIÓN DE "O MISTERIO DAS BADALADAS"
Hai xa vinte e cinco anos que Xabier P. Docampo publicara O misterio das badaladas, unha das primeiras novelas de misterio da literatura galega e o primeiro dos seus libros e que acadou un grande éxito dentro da literatura infantil e xuvenil. Agora vén de saír unha nova edición con ilustracións de Xosé Cobas e revisada polo autor.
Recomendámosvos a lectura deste libro, que trata aos lectores como persoas intelixentes non importa cal sexa a súa idade.
O argumento é este: no campanario da igrexa de Eiranova acaban de instalar un reloxo. Comezan a soar por primeira vez as badaladas que anunciarán a todos os habitantes que son as doce da noite. Unha, dúas, tres..., dez, once... Entón sucede algo que haberá dar nun acontecemento que só cinco rapaces resoltos e afoutados quererán pescudar até encontrar explicación para un fenómeno que a todos confunde. Unha por unha irán resolvendo as pistas que lles van aparecendo e que os levarán a encontrar ao responsábel do anormal comportamento do reloxo de Eiranova. Mais cando isto suceda e cheguemos á última páxina do libro, abrirase un novo misterio que desafiará a perspicacia e a intelixencia do lector.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario