«O libro, certos libros facilítanlle ó home a máis crítica e veraz información frente os medios de comunicación de masas dominados polo poder ou polos intereses dos que o detentan. Claro que a información nos libros ás veces chéganos demasiado tarde pra asistirnos no intre dunha urxencia de decisión que si a demoramos pode vir demasiado tarde. Pero hai tamén decisiós ou tomas de postura pra longo que nos deixan tempo. E aí sigo o sitio do libro reflexivo e máis fiable.
- Libros contra a soedade do home.
- Libros contra a desinformación.
- Libros contra a malformación.
- Libros contra libros.
- Libros pra soñar i adiantar o posible.
- Libros pra saber que as nosas dores non son solo nosas e pra mover a solidaridade que a nós tamén alcance.
- Libros pra avantar.
- Libros pra volver ó orixen.
- Libros pra ler unha vez.
- Libros pra ler máis veces.
- Libros pra ver outro camiño, que pudo ou que pode ser o noso.
- Libros pra erguerse.
- Libros pra sentir indignación.
- Libros pra sentirse culpabre.
- Libros pra sentir o novo que está surxindo noutro sitio e que nos pode chegar, que nos chegará.
- Libros pra suscitar.
- Libros pra alentar.
- Libros pra non cair baixo a trivialidade do exterior cotidiano.
- Libros pra ser libres (importante).
O libro tamén teñe unha especial siñificación si pensamos concretamente en Galicia, na reivindicación da nosa patria e da nosa lengua, na verdade depositada na nosa lengua.
No hay comentarios:
Publicar un comentario