lunes, mayo 10, 2010

RELATOS PREMIADOS

Os vamos a dar a conocer algunos de los relatos premiados en el Concurso del Día del Libro.
Aquí tenéis el primer premio, obtenido por Pablo Torres París, alumno de 1º A:

PROFECÍAS SOBRE GUETO
"Ano 8864.Xa non hai pobreza na Terra, nin loucura, nin deformidades. Non hai ninguén que non sexa "perfecto". Todo aquel que teña algún defecto físico, mental, ou simplemente sexa de clase baixa, o mandan para Gueto, o satélite da Terra, antigamente coñecido coma Lúa. Os experimentos fallidos tamén son mandados alí. Para moitos "Gueto" é sinónimo de "inferno", xa que estar nel é horrible, todo o malo atópase alí.
De cando en vez collen un habitante de Gueto, lévano para a Terra e experimentan con el. A maioría das veces non se consegue o efecto desexado, e o mandan de novo para Gueto, puidendo contaxiar graves enfermidades, morrer ao pouco tempo ou volverse coma un animal.
Na Terra a vida é moi diferente. Hai máis recursos, a xente é moito máis feliz. Pero todos están nun equilibrio inestable. Un mal negocio, un accidente que te deixa deforme e, para Gueto. Se quedas sen cartos, danche sete días antes de mandarte ao satélite. E se es deforme, ou pagas un imposto adicional de  millóns, ou a vida feliz acábase.
O mundo non é como antaño, tampouco xeográficamente. Na sétima guerra mundial unha arma nuclear atacou Europa. Quedou destruido o centro da explosión, xunto con gran parte do continente, aínda que sufriu máis África debido á falta de recursos.
Acabada a guerra, ao observar a desolada paisaxe das terras afectadas, os gobernantes dos países crearon a "Política de Riqueza Mundial". Moita xente alegrouse, pensando que a pobreza acabaría e que todos terían cartos, pero non foi así. A pobreza non acabara, só fora trasladada á Lúa, que pasou a chamarse Gueto. As obras para habiltar o satélite duraron trescentos anos. Despois, trasladaron en masa "aos imperfectos" a Gueto, que nuns días pasou a ser a terra coñecida máis habitada. Con todo, a riqueza de todos os habitantes de Gueto non chega á centésima parte do máis pobre da Terra. Porque a xente que vai a ese inferno non pode levar nada seu. Polo tanto, o único que teñen é o que atopan alí, que ademáis, os da Terra soen quitarllo por pouco valor que teña.
Gueto dende lonxe é fermoso. Dende preto, un inferno. Un inferno que os seus habitantes teñen que sufrir ano tras ano, mes tras mes, minuto tras minuto ao longo das súas vidas."

3 comentarios:

LIBROMANÍACA dijo...

"La claridad de la sombra".


Estou lendo esta obra publicada por Edicións Neverland e escrita por Crsitina Prieto Solano.Pode que non vos soe esta autora porque é "nova" escribindo relatos.Tén _para a vosa sorpresa_quince anos.A súa obra paréceme interesante.O que máis promete da historia é o título(nada mellor que un bó título para que a historia resulte máis "apetecible".)
Estame gustando moito,tén acción,sorpresas polo medio(que é o que dá esa "chispa"que tanto nos soe gustar ós lectores.)pero,sobre todo tén moita historia romántica.A min,persoalmente,non me gustan demasiado as historias románticas,pero esta,para o meu grande asombro,non me deagrada.Paréceme un libro bó,síntome como dentro da historia nalgunhas partes,cousa que me é difícil nalgúns libros.Trata dunha rapaza que,mediante algús estraños sucesos descubre que son chamadas emitidas dende Kandreon,un mundo paralelo.Alí o seu corpo cambiará,convertíndose así nunha chica loira de ollos verdes e delgada.Deberá salvar a Kandreon do Maligno,xunto ós seus tres amigos Luís(que no mundo paralelo se chama Willam_Non William,senón Willam_),Nina e Dairo.Pasará entrañables aventuras nas que descubrirá os segredos que posúe Kandreon.Se queredes saber o final desta obra só tendes que ler o libro e sumerxirvos en Kandreon para axudar dende onde esteas a ler o libro a salvar o mundo.

Recomendo este libro,sobre todo a público xuvenil.Pero lembrade:
"A literatura non comprende idades."

Clara,se aínda non conseguiches o libro de Ghost Girl,recoméndoche este libro se non estás con outro agora.Cal me recomendas ti?
Por certo,Que tal en Tarragona?
Unha preta :)

Cós meus mellores desexos:

Libromaníaca.

Socas dijo...

Estimada libromaníaca:
Te agradezco mucho tus extensos comentarios que me animan mucho. Todavía no he leído el libro de Cristina Prieto, pero ya lo compramos para la biblioteca. El problema es que está pasando de mano en mano con tanto éxito que no lo pillo.
Aprovecho esta oportunidad para anunciar una primicia. Queremos invitar a Cristina a nuestro Club de Lectura para que nos hable de su libro y de su experiencia como joven escritora. ¡Ojalá pueda venir!
Clara está muy contenta. En Tarragona obtuvieron un digno 2º Premio. Desde entonces ha tenido dos actuaciones más, la del Jofre y otra en Coruña. Por cierto, el martes actúa en la inauguración del Decathlón y el 21 en Fene. La mejor de todas las ocasiones promete ser la de fin de curso, 26 de junio en el Jofre y 29 en Narón. Ahora está leyendo El señor de los anillos y uno del autor de Artemis Fowl que se llama Futuro azul. Tiene ganas de leer Ghost girl, así que si lo prestas genial.
Por último, te felicito por lo bien que escribes. Ni una sola falta de ortografía y, lo más importante, un vocabulario y una sintaxis muy ricos, ágiles y acertados. No es fácil encontrar rapaces de tu edad con esa soltura. ¡Enhorabuena!
Muchos besos:
Pilar.

LIBROMANÍACA dijo...

¡Gracias!Espero que vaya todo muy bien en el Jofre,Decathlon y Fene.


Atte:Libromaníaca.

Un saúdo a todos/as os libromaníac@s.