viernes, mayo 21, 2010

Do Courel a Compostela da man de Uxío

O encontro co título que arriba se alude resultou unha experiencia que deixou un pouso fondo en min, como estou convencido que así foi para algúns amigos, estudantes de filoloxía galega-portuguesa que andabamos por Compostela nos finais dos anos oitenta e que, malia o que se dixera, gustabamos da literatura.
Desta volta non estades a ler as palabras de Novoneyra. Desta volta, quen fala é o profesor e crítico literario Ramón Nicolás, que xunto cuns compañeiros de carreira asistiron a un dos recitais do poeta do Courel:
saíamos como quen vén de asistir a un espectáculo dificilmente repetible, mesmo non sei se cun chisco máis de fe no país tras unha "Letanía de Galicia" intensa e vibrante; todos compartiamos a crenza común de que aquel home era único.
A reedición desta obra, que achega un CD con lecturas do propio Uxío, avivece saudosamente aqueles tempos. Emociona.
E remata Ramón Nicolás dedicando esta recomendación:
* Para Avelino, Henrique, Xosé Lois, Fran e Conchi.
Velaí está ese grupo de estudantes da rúa San Pedro. Entre eses futuros escritores está o Henrique da dedicatoria, o voso profesor de Lingua e Literatura. Quen é, quen é?
 
O libro tédelo na exposición. Pedídenolo en préstamo na biblioteca.

No hay comentarios: