viernes, mayo 28, 2010

REGUEIFAS

Onte viñeron ao noso instituto os regueifeiros Luís e Josiño. Os alumnos de 3º e 4º foron, por un par de horas, poetas. Eles tamén improvisaron as súas rimas seguindo a amena lección maxistral dos regueifeiros.

Mellor que leades algunhas das súas composicións:

Quería ir de esmorga
ao final fomos á feira
e por culpa do veciño
eu perdín a carteira.


Estabamos no partido
mirando prá portería
van meter o balón dentro
e gañamos, que alegría!



Xa vos temos agarimo
a mañá foi divertida
e inda que non queiramos
xa chegou a despedida.

Se queredes saber algo máis da nosa tradición popular, oral, pasádevos pola biblioteca, que temos material.

Graciñas ao Equipo de Dinamización e Normalización Lingüística por achegarnos ao mundo da regueifa

No hay comentarios: