lunes, mayo 17, 2010

O TEU DÍA, UXÍO; O NOSO DÍA

Por consello de Iolanda, escribo aquí un dos meus poemas favoritos de Uxío Novoneyra. Vós podedes poñer nos comentarios o voso, e así ir formando unha pequena antoloxía que serva de homenaxe ao poeta e de pequeno intercambio entre nós. Bo día das Letras Galegas para todos!

O Moucho da Alameda (Lugo)

Moucho que cantas pra noite queda
na sombra das flairas tecidas,
ti fais distas arbres da cidade
un bosque antigo no que eu estuven sempre.

Oíndote, esquezo as casas apezadas d'orredor
que o teu canto iñora.

Moucho,
nós non somos pra vivir eiquí.
Os dous viñemos de lonxe
e tornaremos outra vez pra aló,
onde o noso misterio se acai.

Ti iraste, despois que eu me vaia,
unha noite que ninguén te vele
nesta cidade de nebras e campás vagariñas.

Maio, 1957



E se queredes escoitar algúns dos seus poemas musicados, non deixedes de clicar aquí

No hay comentarios: