lunes, mayo 31, 2010

CLUB DE LECTURA XUVENIL

O venres tivemos reunión do Club de Lectura. Estábamos un pouco alterados pero por alegres motivos. Acompañábamos mentalmente a Miguel e Pilar na súa viaxe a Fraga (Huesca) para recoller o premio co que o Ministerio de Educación recoñece o labor da biblioteca. Ademáis, a visita o 1 de xuño da novísima escritora Cristina Prieto Solano desperta gran interés en todos os membros do club.
Por tanto, é fácil entender que o Padre Brown mereza unha nova reunión o día 4 de xuño xa que só nos deu tempo a evocar os famosos e exclusivos clubs de cabaleiros ingleses.
Atentos á próxima comunicación!

No hay comentarios: