miércoles, mayo 18, 2011
RECURSOS DIDÁCTICOS PARA COÑECER MELLOR A LOIS PEREIRO
Como sabedes este ano o Día das Letras Galegas está adicado á figura de Lois Pereiro. Para achegarnos máis a este escritor a Coordinadora Galega dos Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística publica na súa páxina web algúns recursos para traballar a súa obra literaria. Na devandita páxina podedes atopar información bibliográfica, ligazóns e tamén actividades realizadas nos centros de ensino. Igualmente interesantes son as seccións videoteca ( Antón Lopo, Xosé Manuel Pereiro, Manuel Rivas, Arturo Casas dan a súa visión sobre o poeta) e fonoteca, nesta última podemos escoitar o propio Lois Pereiro recitando algún dos seus poemas (está o recital que deu no pub Moka da Coruña en 1996).
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario