miércoles, mayo 25, 2011
CONCURSO DA BIBLIOTECA
Con moito retraso, aquí tedes as respostas do concurso da biblioteca que adicamos a Wilkie Collins:
1.- Quen é o autor? Wilkie Collins
2.- Que tipo de pedra preciosa desaparece? Diamante
3.- Con que nome se coñece esa xoia? Ten algo que ver co título da novela? La piedra lunar. É o mesmo.
4.- De que país procede a xoia? De que país europeo foi colonia? India. Inglaterra.
5.- Como se chama a moza protagonista da novela? Cantos anos cumpre? Rachel Verinder. 18 anos
6.- Como chega a xoia ás mans da protagonista? Regalo do seu tío
7.- A quen pertencera a xoia? Como foi arrebatada? Quen pretende recuperala? A un templo hindú. Roubada. Tres descendentes de antigos gardiáns do templo.
A semana pasada traballamos sobre unha das miñas escritoras favoritas, e sen lugar a dúbidas a miña favorita en novela negra: Patricia Highsmith. Cunha vida tortuosa, atormentada, complicada vida interior e social, e sobre todo familiar; Patricia Highsmith traslada ás súas obras toda a complexidade psicolóxica, desconcerto e desasosego posible, facendo que ás veces un se pregunte se a súa imaxinación era tan rica e poderosa, ou realmente era tan mala e revirada como para ser capaz de imaxinar situacións tan amorais, condutas tan egoístas, tramas tan tensas e desenlaces tan desconcertantes e inquietantes.
Sen máis, e recomendándovos con fervor a lectura das súas obras (das que non falarei porque aí van, sobre ela, as preguntas)... comezamos:
ESTAS SON AS PREGUNTAS QUE VOS PROPUXEMOS ( E XA AS RESPOSTAS):
1.- Data e lugar de nacemento da nosa amiga escritora de hoxe.: 19/01/1921, Fort Worth, Texas
2.- Nome e apelido do personaxe protagonista da máis famosa serie de novelas da mesma? En que ano foi publicada a primeira da serie? Pista: son 5, e no título de todas sae o apelido: Ton Ripley. 1995
3.- A que idade coñeceu Patricia Highsmith ao seu pai? Aos 12 anos
4.- Que relación tiña con Mary Patricia Plangman? Era ela mesma, o seu nome de solteira.
5.- Que película rodou Alfred Hitchcok en 1951 adaptando unha das súas primeiras e máis famosas (e inquedantes) novelas? Extraños en un tren
6.- En 1990 recibe un dos máis importantes galardóns internacionais no mundo das artes e a cultura. Cal era ese premio?: Caballero de la Orden de las Artes y las Ciencias
7.- Soamente unha vez publicou con pseudónimo. Saberiades dicir cal e en que obras? Claire Morgan . Carol e El precio de la sal
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario