miércoles, mayo 25, 2011

CONCURSO DA BIBLIOTECA

Bo día, queridos concursantes! Benvidos ao concurso desta semana.
Hoxe dámoslle un aire galego-en parte-, policíaco por suposto, cultural máis que nunca e mesmo gastronómico ao noso concurso, porque o personaxe do día é un investigador privado de orixe galega ( aínda que o seu pai  literario naceu en Barcelona), afeccionado ou máis ben experto gastrónomo, home político e desde logo cronista dunha importante época de finais do século XX en España. Polas súas aventuras coñecemos os primeiros momentos da transición democrática española ata os tempos das olimpíadas de Barcelona-92.
O primeiro que tedes que solucionar é  que personaxe buscamos. Dareivos unha pista. O apelido escríbese de forma parecida a Mourinho, que coñecedes ben, e é a tradución galego-portuguesa de "roble".

Alá van as preguntas.

1.- A primeira é obvia: de que detective falamos? Nome e apelido!
2.- O nome do "pai". Claro, refírome ao nome do autor, que algúns non colledes as bromas!
3.- Que prato prepara o noso detective en "Los pájaros de Bangkok"? É unha das máis famosas receitas súas!
4.- Hai un instituto (un I.E.S.) que leva o nome do autor.... Poderiades dicir en que cidade?
5.- A versatilidade do autor dá mesmo para un libro sobre política e deporte.... , pero iso si, publicouno cun pseudónimo. Con cal? Como se titula o libro? 

Veña, a buscar as respostas. Hoxe é fácil, non digades....

No hay comentarios: