Lembrade que os tedes de balde na biblioteca.
jueves, mayo 19, 2011
Lois Pereiro e a internet
Desde estas páxinas virtuais non esquecemos que o pasado 17 de maio, ademais de celebrarmos o Día das Letras, celebrouse tamén o Día da Internet e o Día Mundial das Telecomunicacións e da Sociedade da Información.
Sen dúbida, o innovador Lois Pereiro sería hoxe en día un internauta máis. El, que participou no mundo audiovisual como tradutor de series como Kung Fu, ou Dallas; que colaborou en publicacións alternativas como Trilateral ou Das Capital; cinéfilo explícito en moitos dos seus poemas; ensarillador de versos e artes plásticas e música pop-rock con influxos punk; el, madia leva, tiraríalles bo partido ás posibilidades que a arañeira nos ofrece para a normalización da nosa lingua e para a difusión e creación cultural no noso país.
Lembrade que os tedes de balde na biblioteca.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario