martes, mayo 10, 2011

CELEBRACIÓN DO DÍA DO LIBRO

A semana do 26 ao 29 de Abril tiveron lugar na nosa Biblioteca e no noso Centro diversas celebracións . Este curso celebramos con retraso o Día do Libro porque o 23 de Abril coincidiu coas vacacións.

Colgamos do teito da biblioteca frases de diversos personaxes sobre os libros e a lectura. Fixemos unha exposición de libros de novela negra e policíaca no corredor central do IES e tamén expuxemos alí os traballos literarios do noso alumnado.

O xoves 28 de Abril disfrutamos da actuación de César Morán, profesor de Lingua e Literatura Galega, e tamén cantautor, gran coñecedor de Álvaro Cunqueiro, a quen quixemos lembrar neste ano do seu centenario.

O venres 29 de Abril foron os alumnos e alumnas os protagonistas, con representacións teatrais, lectura de contos, power points, cos que lembramos a Cunqueiro, Neira Vilas, Ana Mª Matute e Alicia Giménez Barttlet.

A colaboración entre a Biblioteca e os Departamentos de Linguas, así como do equipo directivo e o profesorado e alumnado en xeral, fixo posible esta celebración. Aí vos vai o enlace par ver as fotos:

No hay comentarios: