miércoles, mayo 04, 2011
PUBLICADA A PRIMEIRA ANTOLOXÍA EN GALEGO DOS CONTOS XITANOS
A editorial Positivas publica a primeira antoloxía en galego dos contos xitanos, un conxunto de textos traducidos do romanés por Onofre Sabaté. É a primeira vez que se traduce ao galego, dun xeito amplo, a creación fabuladora xitana, unha fonte habitualmente oral que en Galicia carece dun reflexo escrito. Hai contos de Eslovaquia, Estados Unidos, Francia, Nova Zelanda, India...
Os fillos do vento é unha escolma de contos tradicionais xitanos. Esta escolla só tenta mostrar o talento de contadores do pobo xitano, e a súa intensa e variada literatura oral, espallada polas máis diversas culturas e por múltiples territorios. E hai certos contos que se poderían incluír no patrimonio oral de moitos outros pobos, sendo o exemplo máis claro O barqueiro xitano. Porque hai un fondo común de moitas narrativas e porque o pobo xitano sempre libou de todas as culturas.A escolma desta edición ten como protagonista case sempre ao pobo xitano, e a súa historia, a perfección e superioridade da raza, a intolerancia da que son vítimas, as profesións, a música, a antipatía polo traballo e o parezo pola liberdade ou o antimilitarismo, a hospitalidade...[Contracapa do libro]
Podedes ler aquí a nova completa.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario