miércoles, febrero 23, 2011

CONCURSO DA BIBLIOTECA

    Ola de novo desde o IES Catabois.
    Chegan as respostas do concurso da semana anterior.
      1- O nome da productora inglesa é Ealing.
      2-O título da película é "El Quinteto de la Muerte".
      3-A señora chamábase Wilberforce.
      4-O título orixinal é" The Lady Killers".


   E agora o tema da última semana:
 
   Na literatura e cine policíacos, o detective é un personaxe central; ás veces policía, ás veces detective profesional......temos tamén os aficionados, sexan curas ( o pai Brown) ou profesoras de inglés ( jajá, este personaxe ímolo gardar para outra semana...! ). En todo caso, todos coñeceredes o detective de hoxe: eu diría que el é "o detective". Tan fácil está a cousa que, a única pista que vou dar para que o recoñezades é unha frase, e logo, directamente, as preguntas.
Aí vai a frase: "Elemental, querido Watson".
  Xa digo, elemental.


  Preguntas.
     1-Nome do detective de ficción ao que nos referimos.
     2-Cal era o método que utilizaba para resolver os seus casos.
     3-Nome do creador do personaxe, autor das novelas que ten como protagonista.
     4-Que instrumento musical tocaba o noso hábil detective?
     5-Como moitos xenios, o personaxe de hoxe tiña unha debilidade...era adicto a unha droga     que tomaba nunha solución do 7%. Que droga era?
     6-Título e ano de publicación do primeiro dos relatos no que aparece o detective.
     7-Verdadeiro ou falso: é certo que no final da súa vida o autor aficionouse á parasicoloxía e o espiritismo?


   

1 comentario:

Anónimo dijo...

Enhorabuena por tu blog, te invito a que te pases por el directorio web/blog www.cincolinks.com podrás promocionar tu web, con tu ficha y tus votaciones y valoraciones, con un método de intercambio de visitas llamado 5links! con el que tu blog será visitado tanto como visites a los demás y que harán que tu blog se de a conocer por toda la red. Pásate ;)

Saludos, espero verte por www.cincolinks.com.