lunes, febrero 07, 2011

Concurso da biblioteca

  Despois dunha semana de descanso debido a diversas actividades extraescolares que impediron a celebraciñon do concurso, volvemos coas respostas ás preguntas do último día.

1-Miss Marple e Hércules Poirot.
2-A novelista escribiu entre 80 e 100 obras.
3-La Ratonera.
4-Agatha Christie.
5-A traducción do inglés é : A xente nova pensa que os vellos son tontos, pero os vellos saben que os novos son tontos.


  Imos agora co texto desta semana:
  As preguntas xiran en torno a un dos máis importantes autores de novela negra e a unha das súas obras máis importantes.
  As iniciais do nome do escritor son: D.H.
  Se queredes saber o seu nome deberedes buscar a Semana Negra dunha cidade asturiana, veciña da cidade natal de Mónica, a profe de Música. Durante a celebración desa Semana Negra outórgase un Premio Internacional de Novela co nome deste escritor.

  Unha das súas obras principais ten o nome dun paxaro moi empregado na caza e que ten moi bo ollo nos partidos de tenis, cando se dubida se unha bóla é boa ou mala.Ademáis este paxaro, no título da obra, ten a nacionalidade dunha pequena illa do Mediterráneo cuxa capital é La Valletta.

PREGUNTAS

1-En que cidade asturiana se celebra a Semana Negra?
2-Cal é o nome do escritor?
3-Como se chama a obra á que nos referimos?E o seu protagonista?
4-Quen interpretou ao protagonista no cine?



A próxima semana daremos as respostas.

Unha semana máis, o equipo que conseguiu os 5 puntos foi o de Alicia, Desi, Naya e Sara. Vaia racha!

No hay comentarios: