lunes, febrero 14, 2011

CONCURSO SEMANAL DA BIBLIOTECA

  Ola a tod@s unha semana máis.
  En primeiro lugar, aí van as respostas da semana pasada.
  1- A cidade de celebración da Semana Negra é Gijón.
  2-O nome do escritor é Dashiell Hammet.
  3-A obra é "El Halcón Maltés" e o seu protagonista é Sam Spade.
  4-O actor que interpretou ao protagonista no cine foi Humphrey Bogart.

  Esperamos que tod@s os que seguides este concurso a través do blog tivesedes contestado correctamente.

Agora imos co texto desta semana:

  Participe connosco e aprenda xogando no concurso da biblioteca de Catabois!

  Como isto da novela e cine negro é asasinato tras asasinato, hoxe tentamos por un punto humorístico, mesturando un pouco a temática co humor... e pode que, ademais, aprendamos algunha outra cousiña sobre historia do cine. Imos aló.
  Mezcolanzas de risa e crime: na Inglaterra da posguerra, unha productora da Illa mencionada produciu fantásticas comedias- entre outras cousas- e películas con un divertido barniz de humor negro. Algúns títulos: "Whisky Galore!", "Oro en barras", "Ocho sentencias de muerte"...ben, penso que xa tedes datos para descubrir de que productora se trata.
  Pois ben, no 2004 faise unha nova versión dunha das películas mís celebradas e divertidas que fixeron, esta vez protagonizada por Tom Hanks e dirixida polos irmáns Coen. Na película, un grupo de ladróns alugan un piso a unha velliña para organizar un atraco. O problema é que non teñen idea de que a velliña lles pode complicar a vida...e o atraco!.

PREGUNTAS
1-Cal é o nome da productora inglesa?
2-Cal é o título da película (perdón,das películas xa que unha é de 1995 e a outra de 2004).
3-Como se chama a señora en cuestión?
4-Xa postos, dicide o título orixinal, en inglés, que non ten nada que ver co traducido,como é habitual.


  A póxima semana, as respostas.
  Os nosos alumnos e alumnas xa respostaron e, esta semana, cambiamos de equipo gañador. Noraboa a Lois, Alberto e Joan. Poñemos a foto para que os coñezades e vexades o guapos que son.

No hay comentarios: