viernes, junio 04, 2010

PREMIO POESÍA E IMAXE

O luns 31 de maio celebrouse no centro cultural Carvalho Calero a entrega de premios da  X edición do certame Poesía e Imaxe, na que resultou galardonada unha alumna do noso centro, Lucía Dopico Díaz, de 2º de E.S.O. Acompañamos á premiada a súa nai, Ángeles Díaz, o director do centro, Miguel Ortega, e a súa titora, Laura Fernández.
O acto estivo moi ben organizado e resultou moi bonito: ao comezo, visitamos a exposición con todas as obras premiadas e charlamos con algúns dos seus autores; máis tarde, subimos ao salón de actos onde un grupo de alumnos do Conservatorio de Música, acompañados do seu profesor, amenizaron a entrega de premios interpretando pezas breves moi coñecidas; finalmente, o acto rematou coa música do himno galego que todos os presentes cantamos a coro.

No hay comentarios: