Ao día seguinte a miña única amiga contábame un chisme de última hora:
- Os Darknight farán audicións para atopar unha nova cantante!. Tes que ir. - Dixo moi convencida.- Coa túa voz serás elixida, segura.
- Nin de broma, non quero facer o ridículo diante de tanta xente.
- Irás. As audicións son ás seis, quérote ás cinco en punto na miña casa para prepararte, non me decepciones.
Ao finala miña amiga convencérame, ás cinco eu xa estaba sendo vestida, peiteada e maquillada pola miña amiga. Levaba un vaqueiro bastante axustado cunha camiseta verde e o meu cabelo oscuro estaba recollido nunha sinxela coleta. A miña amiga tiña razón, ela sabía que tiña moitas ganas de formar parte dos Darkninght, pero eu non era ningunha modelo de pasarela como os integrantes do grupo, e estaba convencida de que non me elixirían. De camiño a audición recordaba que o curso pasado Xaime, o guitarrista do grupo iba ao meu instituto. Xa daquela era realmente popular, moi guapo, alumno de dez e un gran mergullador e futbolista. Agora era moi famoso e, aínda que estaba toliña por el, se non me miraba antes non o faría agora. Cando chegamos ao pavillón; o lugar da proba, xa había moita xente. Ana, unha moza moi popular do instituto que estaba a primeira na fila miroume con noxo, o que fixo que o meu temor aumentase, pois ela apodábame “A balea”, e me chamaba así en público. Aínda que eu me atopaba no meu mundo dos pesadelos, deime conta de que de súpeto o balbordo cesou, e os integrantes de Darknight fixeron a súa aparición no lugar, tan guapos coma sempre. Mentres todas as rapazas alí presentes gritaban eu gritaba calada, mirando a Xaime.
Foi o último en entrar ao pavillón, mostrando un sorriso encantador e miraba a todas as candidatas cos seus ollos azuis e peiteaba coa man o seu pelo negro. Cando os seus ollos se pousaron en min non puiden evitar ruborizarme e poñerme, se iso era posible, máis nerviosa.
No que a min me pareceron segundos; as candidatas que estaban diante de min xa habían cantado. Chegou o meu turno e cando me vin alí, rodeada de tanta xente que me miraba toda a inseguridade apoderouse de min e sain correndo. Fun ata o baño despois de decidir que ese sería o meu agocho e comecei a chorar.
- Sei que podes facelo. - Esa voz sorprendeume, e ao xirar vin a Xaime mirándome preocupado. Tan só esas palabras devolvéronme a confianza perdida e puiden volver e cantar a miña canción preferida dos Darknight.
- Ti podes facelo,
alcanzar a túa meta,
porque os soños non só son soños,
son espellos do futuro.
O resto xa é historia. Fun elixida e cumprin o meu soño. Agora cando rematamos un concerto sempre digo as palabras que saen da miña boca con total naturalidade:
- Nunca deixedes sen soñar, porque unha vida sen soños non ten futuro nin esperanza. E recordade: Non vos acomplexedes, sede felices con vós mesmos e co voso aspecto.
Xerezade Ansedes López
2· ESO
No hay comentarios:
Publicar un comentario