lunes, junio 21, 2010

FESTA DE DESPEDIDA NA BIBLIOTECA


Hoxe tivemos a festa de despedida no instituto. Houbo un pouco de todo: actividades deportivas, festival de danza e música (bravo polos bailaríns, por Estefanía, polos rapaces invitados e polas presentadoras). Tamén houbo entrega de premios de Normalización Lingüística.
Na nosa biblioteca, como non podía ser menos fixemos a nosa festa: primeiro a entrega de premios do Concurso Semanal e máis tarde un piscolabis para todos os integrantes do Club de Lectura e máis os participantes do Concurso.
Escoitamos as palabras de despedida que nos fixo chegar Feiticeira:

"A mascota da ciencia ficción, a nosa pequena gatiña astronauta quere darvos as gracias por participar, unha vez máis, no noso concurso.
A mascota sabe que, a medida que vos ide facendo maiores, custa máis sacrificar un recreo á semana para participar no noso concurso. Mais, quere animarvos a seguir.
Fustes uns estupendos concursantes, tivestes moita ilusión e conseguistes moi boas puntuacións.
Estes obsequios son sinxelos pero teñen o valor de premiar a vosa fidelidade, o voso sacrificio e o voso interese.
Non nos abandonedes para o próximo curso. Necesitamos xente coma vós.
Moitas gracias e felices vacacións!"

No hay comentarios: