jueves, febrero 24, 2011

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

Hoxe é o Día de Rosalía de Castro, data constituída en coincidencia co día do nacemento da nosa escritora. Todos sabemos xa a relevancia que tivo esta autora na recuperación da nosa lingua. Desde aquí imos apoiar este día coa publicación no noso blogue dun dos seus poemas.

Cando penso que te fuches,

Negra sombra que m'asombras,

Ô pe d'os meus cabezales

Tornas facéndome mofa.

Cando maino qu'ês ida

N'o mesmo sol te m'amostras,

Y eres a estrela que brila,

Y eres o vento que zóa.

Si cantan, ês tí que cantas,

Si choran, ês tí que choras,

Y-ês o marmurio d'o rio

Y-ês a noite y ês a aurora.

En todo estás e ti ês todo,

Pra min y en min mesma moras,

Nin m'abandonarás nunca,

Sombra que sempre m'asombras.

Se queredes escoitar a versión musicada que deste poema fixeron Luz Casal e Carlos Nuñez, premede aquí

1 comentario:

Anónimo dijo...

Moitas grazas á persoa que copiou aquí o poema tal como Rosalía o escribiu, odio que se supriman os apóstrofes e outros elementos utilizados polos clásicos da Lingua. Antonia.